Saturday 04 de May de 2024

Corte de tráfico mañá xoves na rúa Doutor Fleming, en Mera


Para proceder á finalización das obras de reurbanización do centro de Mera, mañá xoves será preciso realizar un corte de tráfico durante todo o día na rúa Doutor Fleming, no tramo no que se crearon as novas beirarrúas. O tráfico será desviado polas rúas Xúpiter e Chelito. Non poderán utilizar esta alternativa os vehículos de máis de 7 metros de longo.